O Moraña acada os tres puntos no último suspiro

A categoría Senior do Moraña comezou vencendo a segunda volta ligueira no encontro disputado na tarde de onte no Buelo. Os pupilos do Chino disputaron un partido vibrante, de poder a poder e con opcións para os dous equipos.

A primeira media hora foi totalmente morañesa, cun equipo ordenado que buscaba superar ao rival polas bandas e con combinacións rápidas e, sobre todo, moi serio atrás, sen conceder ocasións. Fixo o primeiro gol Albertito, roubando un balón no centro do campo, abrindo á banda para Manu que tras driblar a dous rivales, pon o pase atrás. O fraco xogador da Espedregueira remata de primeiras, o balón da no pao e entra na portería tras dar na espalda do porteiro.

Con este 1 a 0, o San Miguel reaccionou, e o último cuarto de hora da primeira parte pechou aos morañeses atrás, tendo varias ocasións e maniatando o xogo vermello no centro do campo. Malia a todo, non se moveu o marcador, e co 1-0 se chegou ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o Moraña recuperou o dominio, pero sen froito. E como soe ser habitual, ao non matar o partido e cunha diferenza mínima, o San Miguel non baixaba os brazos. Así, no minuto 79 David lograba a igualada aproveitando unha xogada embarullada chea de rexeites.

Quedaban 10 minutos, e a emoción estaba por todo o alto. E tivo que ser, como non, Jesús o que marcase o 2 a 1, aproveitando un gran cambio de orientación dende a banda dereita e remachando á rede un gol que pode ter moitísima importancia.

Ao final dos 90 minutos, 2 a 1 para os nosos, recuperando a senda da victoria e comezando do mellor xeito posible a segunda volta. Moito ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 Atl. San Miguel

Moraña C.F.: Caba, Julián, Borja Fuentes, Albertito, Iaguito (Martín, minuto 41), David, Lorenzo, Viti, Miguel Zas (Rubén, minuto 70), Jesús (Brais, minuto 89) e Manu.

Atl. San Miguel: Francisco, Diego, Fran, Elias, Luis (Rodrigo, minuto 65), Marcos, Borja, Marco (David, minuto 70), Jose, Diego e Almeida.

Goles: 1-0 Albertito (minuto 20); 1-1 David (minuto 79); 2-1 Jesús (minuto 89)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario