O equipo Senior do Moraña caeu na tarde de hoxe por 0-2 ante o Marín C.F. no campo de O Buelo. Os rapaces do Chino realizaron un bo partido ante un bo rival, pero non foron quen de facerse cos puntos.
Adiantou na primeira parte Joaquín aos marineses, no minuto 20. Trala reanudación, os nosos buscaron a reacción cos cambios, dando entrada a dous xogadores de perfil atacante, como Miguel Zas e Capi, pero o empate non daba chegado. Co Moraña volcado buscando ese empate, no 85 Diego pechaba o marcador e o encontro con este 0-2.
Moito ánimo aos Senior, a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Kevin, Julián, David, Xoel (Lorenzo, min. 68), Rober, Camacho, Celso, Damián, Breo (Capi, min. 68), Viti (Miguel Zas, min. 46) e Manu.

MARIN C.F.: Ángel, Javi, Carlos, Dani, Santi, Diego, Joaquín, David, Alejo (Alejandro, min. 76), Agustín (Roberto, min. 89) y Antonio.

GOLES: 0-1 Joaquín (min. 20); 0-2 Diego (min. 85)

Compárteo!

Deixa un Comentario