Os tres puntos marcharon na tarde de hoxe do Municipal de Mirallos por un detalle de mala sorte. Foi un encontro igualado, no que as ocasións brillaron pola súa ausencia e no que os dous equipos se empregaron a fondo tentando gañar a batalla no centro do campo, pero a verdade é que salvo algúns momentos de ida e volta, non se veu moito fútbol no Municipal.

O encontro comezou con minutos de tanteo, tralo que se viviu un tramo de dominio visitante, no que lograron acercarse á portería morañesa, pero sen xerar auténtico perigo. A partir do minuto 20, o dominio volcouse cara o lado do Moraña C.F., se ben non houbo ocasións claras.

A xogada desafortunada chegou xusto antes do descanso, cando nun centro dende banda dereita, Kevin tenta atallar e o balón escápalle, entrando na portería. Un gol nada merecido nese momento do encontro e que resultou decisivo. Os nosos tentaron volcarse neste último tramo de primeira metade, pero chegamos ao descanso con ese 0-1.

Nos segundos 45 minutos, o Figueirido saíu a temporizar, tentando frear o ritmo do encontro e non deixando entrar ao Moraña no mesmo. Os pontevedreses fixeron un bo traballo defensivo, buscando á sentencia á contra e os nosos tentaban adentrarse na maraña visitante, pero non se xeraba perigo.

Tivo a opción do 0-2 o Figueirido nunha rápida contra, pero Kevin cunha espectacular parada, mantivo aos nosos no encontro. Segundo se ía achegando o final, os visitantes perdían máis e máis tempo o que desquiciou aos nosos. Malia todo, nunha falta colgada dende a banda por Manu, Damián tivo o empate na súa cabeza, pero o porteiro visitante realizou unha gran atallada evitando o 1-1.

Non se rendiron os nosos, que pelexaron ata o pitido final, incluso acabando o encontro con 3 defensas e todo o equipo volcado, pero non chegou o ansiado empate. 0-1 e os tres puntos voaron para Figueirido.

Ánimo aos nosos Senior, que fixeron un gran traballo que non tivo premio, pero que mostraron unha semana máis que a liña de xogo é ascendente. A seguir pelexando, quedan moitos encontros por diante!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Kevin, Xoel (Héctor, min. 80), Roberto (Borja Fuentes, min. 87), Salva, Juan, Julián, David, Damián, Kapi (Miguel, min. 71), Jesús e Juan Jesús (Manu, min. 75).

Figueirido C.F.: Iván, Alexandre, Manuel, Borja (Alberto, min. 85), Héctor, Julio (José, min. 76), Noel, Jaime, Ricardo (Borja, min. 63), Ángel e Jacobo (Jose, min. 59).

Goles: 0-1 Kevin p.p. (min. 40)

Compárteo!

Deixa un Comentario