Hoxe pola mañán, na Casa de Cultura A.D.R. Castelao tivo lugar a presentación do VII Torneo Internacional Cadete Concello de Moraña. O acto,conducido por Xaime Escudeiro, contou ademáis de co Presidente e Vicepresidentes do Clube, coa presenza dos ex-xogadores profesionais Ratkovic, Javier Maté, Xurxo Otero e co Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e coa alcaldesa de Moraña, Mª Luisa Piñeiro.

En todas as intervencións, os participantes ensalzaron a idea de que este Torneo Cadete se volvera a realizar tras 11 anos ausente, cando se convertira nun referente do panorama cadete español. E desexáronlle a mellor das sortes á Organización de cara ao vindeiro sábado 10, cando comezará a rodar a pelota a partires das 9:30 da mañán.

Agardámosvos a todos en Mirallos este sábado, aquí tedes toda a información do Torneo.

Compárteo!

Deixa un Comentario