• A Casa da Cultura de Moraña acolleu a presentación do libro conmemorativo dos 50 anos de historia do Moraña CF.

Na tarde-noite de onte, tivo lugar na Casa da Cultura a presentación do libro dos 50 anos do noso Clube. Un libro cheo de anécdotas, datos, fotografías… e con toda a información destes primeiros 50 anos de andadura do noso equipo.

A esta cita, ademáis de unha grande cantidade de público que non o quixeron perder, acudiron ilustres ex-xogadores como Javier Maté, Vlado Gudelj e Xurxo Otero. Na presentación, participaron o presidente, Germán Rúa, o compilador deste libro, Rafa Sierra, o Presidente da RFGF e a alcaldesa Luisa Piñeiro. Non faltaron tampouco a esta cita ex presidentes, ex directivos, ex xogadores e ex entrenadores, que quixeron acompañarnos nun día tan especial. O agradecemento á traxectoria de todas estas persoas que participaron na evolución do Clube nestes 50 anos foi unha constante en todas as intervencións.

Lembramos que o libro está a venta nas oficinas do Clube e en establecementos colaboradores ao popular prezo de 5 €. Ou contactando a través do correo electrónico en moranhafutbol@hotmail.com.

Compárteo!

Comentarios Pechados.