O vindeiro luns 16 de Setembro, terá lugar ás 20:30 horas na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, a presentación do Libro dos 50 anos do Moraña C.F. Unha publicación na que o Clube leva traballando os últimos 11 meses e que por fin ve a luz.

Este libro conmemorativo, é un resumen de toda a actividade que o Moraña C.F. viviu dende a súa fundación, en 1969. Un paseo por todos os seus momentos, éxitos, fracasos… E que de seguro vai facer as delicias de todos aqueles que formaron parte do Clube ou que o seguiron durante a súa traxectoria.

Neste acto participarán o Presidente do Moraña C.F. e o autor do libro, Rafa Sierra. Así mesmo, asistirán a Alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro e o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

Este libro, sairá á venda a un precio popular (5 euros) e poderá ser adquirido na mesma presentación, no local do Clube e nos establecementos colaboradores que se darán a coñecer.

Máis actividades deste 50 Aniversario

Como anticipamos, durante toda esta tempada teremos varios actos conmemorativos destes 50 anos do Moraña C.F. O 26 de Outubro, terá lugar unha Misa Solemne no Santuario dos Milagros de Amil, en honor de todos os directivos, xogadores, simpatizantes… que xa non están connosco. Ese mesmo día, haberá tamén un encontro interxeracional de Vellas (e non tan vellas) Glorias, con xogadores en activo e de futuro do Moraña C.F. Haberá logo unha gran comida de confraternización.

No mes de Novembro, haberá unha exposición fotográfica, na que poder desfrutar das imaxes destes 50 anos. E tamén está programada unha Cena Baile para todos os simpatizantes, con data e lugar aínda por concretar.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario