A sección Prebenxamín do Moraña C.F. recibiu na mañán de onte no Buelo ao San Martín C.F. na sexta xornada ligueira. Os pupilos de Manu e Iago afrontaban este encontro con moita ilusión e con ganas de demostrar que o equipo vai evolucionando e que paso a paso van medrando.

O encontro foi moi igualado, con dous equipos que desplegaron un bo xogo durante todo o encontro e que non se definiu ata os últimos momentos.

A primeira parte foi algo máis aberta, con ocasións e ata catro goles. Adiantouse o Moraña C.F. con gol de David no minuto 10, pero o San Martín por medio de Iker dáballe a volta ao encontro cun doblete nos minutos 14 e 16. Conseguiron igualar os morañeses xusto antes do descanso, con outro gol de David. Este 2 a 2 foi o resultado ao final dos primeiros 25 minutos.

Na reanudación, a igualdade foi a tónica do encontro, sen que ningún dos dous equipos lograra transformar as súas ocasións, ata que finalmente, case co tempo cumplido, Xavi marcaba un gran gol para facer o definitivo 3 a 2 no minuto 39, facendo que os puntos se quedaran en Moraña.

Moi bo traballo dos Pres, que logran a súa segunda victoria da tempada nun encontro igualadísimo que puido caer para calquera dos dous lados. Noraboa a estes pequenos campións e a seguir traballando. 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 2 San Martin C.F.

Moraña C.F.: Roi, Aaron, Pablo, Xabi, Xoel, Iago, Lucas, David, Darío, Mario, Nico, Joel e Lois

San Martín C.F.: Lucas, Artai, Izan, Félix, Diego, Yeray, Alejandro, José, Iker, Roberto, Rubén e Ramiro.

Goles: 1-0 David (minuto 10); 1-1- Iker (minuto 14); 1-2 Iker (minuto 16); 2-2 David (minuto 24); 3-2 Xabi (minuto 39).

Compárteo!

Deixa un Comentario