Os Prebenxamíns recibiron na mañán de onte no Buelo á E.F.B. Vilanova na 5ª Xornada da Segunda Fase da Liga Prebenxamin. Os morañeses afrontaban o encontro coa convocatoria completa, 14 xogadores para sacar adiante o partido.

O encontro foi dun nivel moi alto, con alternativas e dominio alterno de ambos equipos. Adiantáronse os visitantes, cun gol de Brais no minuto 6, pero antes do descanso un gol de David no 14 e outro de Aleixo no minuto 18 dábanlle a volta ao encontro. Chegouse con este resultado ao descanso.

Na segunda metade, o encontro seguiu pola mesma liña de igualdade. Tiveron varias ocasións os nosos para aumentar a diferencia que non concretaron. E como di a máxima, o que perdoa, acaba pagando. E así, cos goles de Alejandro, Jacobo e o doblete de Brais Serantes, os visitantes poñían terra de por medio e facíanse cos puntos.

Bo traballo dos Prebenxamíns, con boa participación de todos os xogadores convocados e boas rotacións. Moito ánimo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 5 E.F.B. Vilanova

Moraña C.F.: Roi, Pablo, Xabi, Xoel, Iago, Mario, David, Aitor, Aarón, Jonathan, Aleixo, Nico, Joel e Lois.

E.F.B. Vilanova: Pablo, Iago, Antón, Brais Otero, Alejandro, Rubén, Borja, Brais Fabeiro, Jacobo, Brais Serantes e Borja.

Goles: 0-1 Brais Serantes (minuto 6); 1-1 David (minuto 14); 2-1 Aleixo (minuto 18); 2-2 Alejandro (minuto 38); 2-3 Jacobo (minuto 41); 2-4 Brais Serantes (minuto 46); 2-5 Brais Serantes (minuto 48)

Compárteo!

Deixa un Comentario