Partido de altísimo nivel o vivido na mañán de hoxe no Buelo, entre as categorías prebenxamíns do Moraña C.F. e do Catoira S.D. na cuarta xornada da Liga Prebenxamín.

Os nosos chegaban tras non disputar encontro ligueiro a semana pasada, e con moitas ganas de competir e de demostrar que o equipo vai medrando. Enfronte, un bo equipo que tamen saiu a xogar moi motivado.

O encontro comezou cun ritmo moi alto por parte dos dous equipos, con moitas disputas individuais e sen que ningún dos dous equipo se fixera dono do encontro. Os morañeses comezaron a xerar perigo despois destes primeros minutos de tanteo, tendo a súa primeira ocasión no minuto 9, nunha boa combinación á que ningún xogador chega a rematar. Foron estes os mellores minutos dos nosos, cando pecharon ao rival no seu campo, pero non lograban finalizar as ocasións.

IMG_20151031_104525O primeiro gol chegou nun lanzamento de falta de Xavi, que golpea un chisco desviado, e un rival tentando despexar, mete o balón na propia portería. Este gol, en lugar de dar confianza e tranquilizar aos nosos, fixo que baixaran un pouco o pistón, e foi o Catoira o que foi gañando peso no encontro no seguinte tramo do encontro, logrando Hugo a igualada nun moi bo contraataque no minuto 23. Con este empate, se chegou ao descanso.

O comezo da segunda parte seguiu polo mesmo camiño, cos dous equipos pelexando todos os balóns e moita igualdade. Estaba claro que o que iba a definir quen se levaría o encontro iban a ser os pequenos detalles e algúnha xogada illada. E así foi o que sucedeu. Fixo David o 2-1 no minuto 41, rematando unha boa xogada dos morañeses cun forte disparo dende fóra da área, e os de Catoira lograron darlle á volta ao marcador con dúas boas xogadas personais de Mauro no 45 e de Nicolás no 47. Este 2 a 3 foi o resultado definitivo.

En resumo, moi bo traballo deste equipo e bo partido dos dous equipos, que fixeron as delicias dos asistentes. A seguir traballando, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 3 Catoira S.D.

Moraña C.F.: Lois, Aarón, Xavi, Xoel, Iago, Mario, David, Aleixo, Aitor, Nico, Joel e Darío

Catoira S.D.: Tomás, Hugo, Anxo, Rubén, Xavi, Mauro, Gabriel, Daniel, Nicolas, Gabriel C. e Lois.

Goles: 1-0 P.P. (minuto 14); 1-1 Hugo (minuto 23); 2-1 David (minuto 41); 2-2 Mauro (minuto 45); 2-3 Nicolas (minuto 47).

Compárteo!

Deixa un Comentario