Os nosos prebenxamíns recibían ao seu primeiro rival coma locales nesta segunda xornada da Liga Prebenxamín. Os morañeses, que viñan de perder ante o Caldas facendo un gran partido, refrendaron a súa evolución e o traballo que van acumulando dando mostra de melloría en moitos aspectos.

IMG_20151017_104523Os pupilos de Manu e Iago saíron a este encontro cunha gran intensidade e ganas de competir, pelexando cada balón e buscando sempre chegar rápido á portería rival. Os morañeses adiantáronse pronto, cun gol de Xoel no primeiro minuto, o que lles dou tranquilidade e lles permitiu ir medrando segundo avanzaban os minutos.

Mostráronse moi incisivos os Pres nesta primeira parte, xogando un gran fútbol por momentos, combinando ben e chegando ao descanso cun resultado de 6 a 1.

Na segunda parte, os rapaces seguiron co mesmo ímpetu e acertados en case todas as facetas, se ben cometeron algúns erros puntuais que se deben correxir e que custaron ocasións e goles en contra. Ao final dos 50 minutos, 11- 4 foi o resultado final.

Moi bo traballo destes rapaces, aos que se lles debe felicitar por como van mellorando como xogadores e como equipo, e sobre todo, pola melloría no seu comportamento e participación, tanto nos adestramentos como nos partidos.

A seguir nesta liña e a seguir traballando. Noraboa!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 11 – 4 E.D. Arousa

Moraña C.F.: Rubén, Aarón, Pablo, Xoel, Iago, Lucas, Mario, David, Jonathan, Aitor, Joel, Roi, Lois.

E.D. Arousa: Hugo, Erik, Josh, Unai, Sergio, Adri, David, Pablo, Sergio, Aaron, Santi, Nuria.

Goles: 1-0 Xoel (minuto 1); 2-0 David (minuto 7); 3-0 Xoel (minuto 10); 4-0 Mario (minuto 16); 5-0 Mario (minuto 21); 6-0 David (minuto 22); 6-1 Sergio (minuto 25); 7-1 Rubén (minuto 27); 7-2 Adri (minuto 33); 8-2 Lucas (minuto 35); 8-3 Unai (minuto 42); 9-3 David (minuto 46); 10-3 David (minuto 47); 11-3 Xoel (minuto 49); 11- 4 David (minuto 50).

Compárteo!

Deixa un Comentario