Os nosos prebenxamíns xogaron na mañá de onte un partido amigable ante o Portero 2.000 en Monteporreiro ao ter que descansar na Liga ao retirarse o equipo co que lles tocaba xogar.

Os rapaces de Manu e Iago viaxaron a Pontevedra con toda a ilusión por disputar o encontro e seguir a dar a boa imaxen que están dando esta tempada. Varios dos xogadores que foron convocados polo equipo benxamín, repetiron e se uniron á expedición.

O encontro foi na súa maior parte un monólogo dos morañeses, que cedo se fixeron donos do balón e dominaban ao seu rival, con cambios de xogo rápidos e tentando buscar a portería rápidamente.

Os nosos buscaban presionar moi arriba ao rival, non permitindo que xogasen cómodos no seu campo, e atacando con rápidas contras. Abriu pronto o marcador David, no minuto 3, e no 6 Aaron fixo o 0-2. Co encontro encarrilado, os pres seguiron na mesma liña de xogo, logrando ir xa ao descanso vencendo por 1 a 5.

A segunda parte foi case un calco da primeira, se ven o Portero 2.000 gozou de máis ocasións e tivo por momentos máis a posesión. Ao final dos 50 minutos, 1 a 8 para os nosos, que utilizaron este encontro para seguir afinando o seu xogo. O vindeiro sábado volven ter Liga. Noraboa e moito ánimo aos rapaces!

FICHA TÉCNICA

Portero 2000 1 – 8 Moraña C.F.

Portero 2000: Adrián, Hugo, Manuel, Roque, Aitor, Sergio, Felipe, Xurxo, Alejandro, Anxo, Erik, Matías, Martín, Anxo.

Moraña C.F.: Roi, Aaron, Xavi, Xoel, Iago, Rubén, David, Joel, Lois, Aitor, Mario, Dario.

Goles: 0-1 David (minuto 3); 0-2 Aaron (minuto 6); 0-3 Mario (minuto 13); 1-3 Aitor (minuto18): 1-4 David (minuto 21); 1-5 Mario (minuto 24); 1-6 Xavi (minuto 26); 1-7 David (minuto 33); 1-8 Rubén (minuto 38).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario