O Moraña Veteranos logrou unha victoria cómoda na Rapeira na tarde do Sábado, nun partido que se xogou a un ritmo moi lento e que favoreceu o feito de que só 12 xogadores estiveran dispoñibles na tarde do sábado.
O partido comezou coas intencións dos dous equipos moi claras: o Moraña buscaba ter a posesión, abrindo o campo e combinando de primeiras, e o Portas, replegados no seu campo buscando o erro rival e xogar á contra.
Non houbo moitas ocasións no primeiro tramo, salvo un disparo lonxano por parte do Portas que despexou Rafa, e un par de córners nos que o Moraña non logrou marcar.
Chegou o primeiro gol nunha gran xogada sacando o balón dende atrás dos nosos, que entre tres pases puxeron a David sólo diante do porteiro para superalo cunha vaselina no man a man. Lograban os nosos o máis difícil tal e como estaba o encontro: abrir a lata.
Antes do descanso, Eloy aproveitou unha mala cesión ao porteiro visitante para recoller o balón e batilo no man a man. Con este 0 a 2 se chegou ao descanso.

No segundo acto, e con intención de que o equipo saíra máis ao ataque, deu entrada Germán Rúa a Velay como lateral esquerdo, buscando máis profundidade por esa banda. O encontro seguía pola mesma liña, co Moraña xogando coa posesión e o Portas buscando a contra. Tiveron a opción de recortar os locais nun man a man de Miguelito que solventou a nosa defensa. E case na seguinte xogada, Santiño pechaba o marcador cun gran disparo dende fora da área.
No último tramo, o mister morañés puxo toda a carne no asador, xuntando na banda esquerda a Velay e Fuentes, que xeraron moitísimo perigo, pero que non foron quen de materializalo en goles.

Ao final dos 90 minutos, victoria dos nosos veteranos, que traen tres puntos desta visita á Rapeira. Próximo encontro, o San Pedro- Bar Naranjito na casa.

FICHA TÉCNICA

Portas Veteranos 0 – 3 Moraña Veteranos

Moraña Veteranos: Rafa, Juan, Yeyo, Toño, Fuentes, Ventura, Sayáns, Mario, Eloy, Santiño, David e Velay.
Goles: 0-1 David; 0-2 Eloy; 0-3 Santiño.

Compárteo!

Comentarios Pechados.