Esta fin de semana e para buscar o mellor estado de forma, os equipos que comezaron a pretempada do Moraña C.F. xogan os primeiros partidos amigables.

  • O equipo Cadete viaxará o sábado á Illa de Arousa para enfrontarse ao Céltiga ás 12:00 da mañán.
  • Os Xuveniles xogan no Buelo contra o Umia. Farano a partir das 18:00.
  • Infantiles e Alevíns, ao non comezar aínda a pretempada moitos equipos, van a realizar un partido de adestramento que os enfrontará o Domingo ás 12 no Buelo.
  • E o equipo Senior enfrontarase a un rival difícil como é o Cerponzóns C.F. en Mirallos o domingo, a partir das 19:00.

Moita sorte a todos os equipos e a traballar duro para comezar do mellor xeito posible esta nova tempada.

Compárteo!

Deixa un Comentario