Gran espectáculo de fútbol o vivido hoxe pola tarde no Buelo, no que os equipos infantiles do Moraña e máis do Boiro deron un recital de fútbol a todos os presentes.

Un partido cun ritmo altísimo, con dominio alterno por parte dos dous equipos e que no que non se daban nin un respiro nin un metro ao rival. Os dos equipos empregáronse a fondo, e froito desta intensidade, o partido foi un auténtico partidazo.

O Moraña aproveitou para darlle minutos no equipo infantil a varios xogadores que aínda militan na categoría alevín, que brillaron e mostraron estar capacitados para desenvolverse nesta categoría. E os xogadores infantiles, tamén demostraron o seu bo nivel.

Adiantáronse os locais cedo, case co pitido inicial, cun gol de Pereira no minuto 2. Sen embargo, antes do descanso o Boiro xa lle dera a volta ao resultado con dous goles froito de dúas fermosas contras, para ir 1-2 aos vestiarios.

Na segunda parte, Raúl puxo o 2-2 no minuto oito, e no once con outro gol dáballe a volta ao encontro. Empatou a treses o Boiro por medio de Anxo no 28 da segunda parte, pero Edu, case co tempo cumplido, marcaba o definitivo 4-3 transformando un penalti no 41.

En resumen, moi bo test para os dous equipos, oportunidade de que varios alevíns debutaran cos infantiles e un novo paso na preparación desta tempada.

Dende o Moraña C.F. queremos agradecer a súa presencia ao equipo do Boiro para este amigable, e desexarlle toda  a sorte para a súa Liga, que comezan este sábado. Un pracer que nos visitarades!!

O vindeiro encontro dos infantiles (que descansan mañán) será o sábado ás 11:30 contra o Barro C.F.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: 1ª Parte: Jorge, Dani Fontán, Rubén, Redondo, Isma, Pablo, Pereira, David, Yoel, Mateo, Dani. 2ª parte: Jorge, Edu, Isma, Redondo, Jonathan, Raul, Pereira, David, Amestoy, Lucas, Pedro.

C.D. Boiro: Aarón (Lois ´40), Andoni, Millán, Raúl, Mario, Carlos, Fraga, Jesús, Álvaro, Suso, Álvaro, Pelayo, Lois, Anxo.

Goles: 1-0 Pereira (minuto 2); 1-1 Millán (minuto 20); 1-2 Álvaro (minuto 32); 2-2 Raúl (minuto 48); 3-2 Raúl (minuto 51); 3-3 Anxo ( minuto 68); 4-3 Edu (minuto 81).

Compárteo!

Deixa un Comentario