Os Prebenxamíns disputaron no día de onte o Torneo Termas de Cuntis, no que acadaron un meritorio terceiro posto. Nos partidos do Grupo, os nosos acadaron un empate co Silleda, venceron ao Estrada FB por 0-1 (gol de Xoel) e caeron pola mínima ante os anfitrións por 1-0.

Ese foi o mesmo resultado das semifinais, no que os nosos non puideron co Arosa. No terceiro e cuarto posto, os Pres venceron ao C.D. Rois por 3-2, con goles de Mario, Aarón e Iago.

Noraboa por este gran traballo!!

Compárteo!

Deixa un Comentario