13329424_10157020742095302_733875255306859193_oOs Biberóns quedaron a un paso de acadar a primeira plaza na III Xornada de iniciación ao fútbol de Caldas no día de onte. Os máis pequenos da casa xogaron un Torneo completísimo, no que venceron na fase de grupos á S.D. Poio por 3 a 2 e caeron ante o Arousa F7 por 2-1.
Con estes resultados, xogaron os cuartos de final ante o Céltiga C.F. equipo no que nun auténtico partidazo, lograron vencer po 3-4. Na semifinal o rival foi o Ancora d´Ouro ao que tamén venceron.

Quedaba só o último peldaño, pero na finalísima, caeron ante o Atl. Cuntis por 3 a 5.

Noraboa a estes rapaces, demostrando todo o gran traballo realizado este ano. A seguir nesta liña nos compromisos que nos quedan.

Compárteo!

Comentarios Pechados.