Último partido da liga do Sagrado Corazón, xogandose nesta xornada a fase final.  Os nosos Biberóns xogaron ante a E.F. Villa de Marín pola 7ª praza, pero foron os marinenses os que a acadaron.

O partido moi igualado a pesar do que reflexa o marcador. Adiantámonos na primeira parte por medio de Manu tras un saque de banda. Na segunda parte empata o Villa tras un rexeite despois da parada de Lucas.
Tivemos un par de ocasións que non logramos concluir e a falta de tres minutos adiántanse tras outro rexeite. No último minuto marcan o terceiro nunha contra.

Gran traballo deste grupo de Bibes! Noraboa polo gran torneo realizado. Dende o Moraña C.F. queremos agradecer ao Sagrado a invitación e dámoslle a noraboa pola gran organización.

Ficha Técnica

Moraña C.F. 1-3 E.F. Villa de Marín

Gol: Manu

Xogaron Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, Erik, Dykan, Mauro e Fabio.

 

 

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR