Os nosos Biberóns desputaron no día de hoxe o IV Torneo Solidario de Barro, acadando o primeiro posto no mesmo. No primeiro partido contra os anfitrións do Barro C.F. venceron pola mínima,  1-0 con gol de Xoel nun partido moi igualado e con moitas ocasións de gol. No segundo encontro caeron ante o S.R. Calo por 0-1. Outro encontro moi moi igualado con gol de parte do Calo nunha das poucas ocasións de gol claras das que dispuxeron e nas que os nosos pequenos non aproveitaron o perigo xerado, incluidos dous tiros o pau.
O terceiro partido foi contra o S.C.D. Salcedo, unha auténtica final xa sólo servía a victoria para clasificarse para a final. Outro partido intensísimo na que aproveitaron unha das poucas claras ocasións das que dispuxeron, na que Manu aproveita un balón solto na área para marcar.
Na final tocou xogar de novo contra os anfitrións, tras clasificarse a penaltis contra o Salcedo despois de empatar a puntos e goles durante a fase de clasificación. Manifestando a igualdade que predominou durante todo o torneo. Foi unha final de infarto a vivida na tarde de hoxe no pavillón de Barro.
Continúa a igualdade e intensidade vivida durante toda a xornada, con ocasións para os dous, cun Barro máis dominador e o Moraña saindo rápido a contra. Na última xogada da primeira parte, marca o Barro.
Na segunda o partido continuou na mesma liña. E nunha destas xogadas Manu tira, rexeita o porteiro e Xabi aproveita para marcar. Con este resultado chegamos o final do encontro e a prórroga de 3 minutos para evitar a lotería dos penaltis.
O partido continua o mesmo guión, e nunha de esas contras Xabi colle o balón en área propia e chega a área rival, e a pesar da presencia dun rival, consigue definir e marcar o gol da victoria.
Cabe salientar a gran actuación do noso porteiro Lucas, decisivo en moitas ocasións durante todo o torneo.

Os valientes que nos representaron hoxe foron Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Mauro e Fabio.
Noraboa campións !!!!
Dendo o Moraña C.F. damos a noraboa a todolos participantes polo gran traballo realizado e damos as grazas ao Barro pola súa invitación o torneo un ano máis.

Compárteo!

Deixa un Comentario