Un malentendido entre o Moraña C.F. e o Coordinador do Cambados fixo que o noso equipo alevín de fútbol 11 non puidese desputar o encontro programado para a mañán de hoxe no Pombal. O encontro levaba fixado dende fai varias semanas, e dende o Clube non podemos dar explicación a este feito, xa que non foi posible contactar co devandito coordinador.

Rafael Sierra, coordinador da base do Moraña pide desculpas e comprensión aos pais dos xogadores alevíns por este suceso, xa que foi un feito totalmente alleo ao Clube.

Unha vez sucedeu esto, rapidamente se decidiu aproveitar a mañán para levar a cabo un partido de adestramento no Buelo, no que os rapaces puideron seguir adiante coa súa preparación.

Tamén se aproveitou este feito para que 3 xogadores alevíns (Anxo, Álex e Domi) formaran co equipo alevín no partido amigable que se xogou despois.

Unha vez máis, reitéranse as discupas polas incomodidades que supuxo a non disputa deste partido.

O próximo adestramento dos alevíns será este martes.

Compárteo!

Deixa un Comentario