Resultado de imagen de foto de javier mate

O  sábado (18.07.15) , festividade da SANTA XUSTA e como vén sendo habitual vaise disputar o tradicional partido da Peña Javier Maté, os dous equipos que se van enfrontar será o Moraña Veteranos, reforzado por algún ex-xogador do Celta (Javier Maté, Otero, Ratkovic, Goran Djorovic, Rafa Saez, Rodolfo, etc) e o outro conxunto estará formado por xogadores promesas de Moraña. O encontro iniciarase ás 12:00 horas no Campo de Mirallos e despois do encontro todos os xogadores e simpatizantes que queiran se xuntaran para saborear unha boa churrascada de porco e tereira con patacas, criollos, empanada,  e polvo a feira, helados, viños Albariño e tinto barrantes, cafés, licores e cubatas na Carpa Senin, instalada na carballeira de Santa Xusta as  15:00 horas, o prezo da comida para os adultos  25,00€ e para os nenos 13,00€.

NOTA: Para realizar este evento será imprescindible que todos os xogadores e simpatizantes interesados en participar (tanto como para xogar ou comer) teñen que anotarse no apartado de COMENTARIOS antes do XOVES  DÍA 16.07.2015.

Compárteo!

17 comentarios

Deixa un Comentario