O próximo sábado (20.09.2014), o Moraña Veteráns desprazase A Lama  pra disputar a 3ª xornada da liga contra o Centro Penitenciario de A Lama , actualmente os  morañeses estan con tres puntos na taboa clasificatoria a só  un punto do  Centro Penitenciario de A Lama, polo que os do carneiro deberian aproveitar esta visita e seguir sumando puntos.   Os xogadores morañeses teñen prevista a saida dende Cafeteria Xolda as 15:00 horas , estando todos citados nas mesmas instalacións do Centro Penitenciario da Lama as 16:15 horas o encontro iniciase as 17:00 horas (CINCO  DA TARDE).

NOTA:

Recordamos a todos os xogadores morañeses que soamente poderán acceder ao Centro Penitenciario aquelas persoas que teñan ficha dilixenciada da Asociación e da tempada actual.

  • Por razóns obvias non poderán acceder ao Centro Penitenciario mulleres e nenos.
  • Todos os xogadores deberán levar o D.N.I. xa que é obrigatorio para poder acceder a este Centro.
  • Todos os xogadores teñen que estar na porta de entrada ao Centro con tres cuartos de hora de antelación  á hora prevista para dar comezo o encontro. Tense que pasar a revisión correspondente e deben de estar todos, xa que se algún xogador chega tarde, non poderá entrar.
  • Os xogadores asistentes, non poderán levar consigo ningún obxecto metálico, móbiles, nin ningún outro que poida atrasar a entrada.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario