O próximo sábado (22/11/14) o Moraña Veteráns enfrontase no Campo do Buelo o Amanecer S.D. , pra disputar a 11ª xornada do campeonato de liga de veteráns de Pontevedra.

Os morañeses parece ter pasado o mal refacho de baixas que esta acusando dende principios de tempada, e afrontan o partido do próximo sábado con moita ilusión, despois de endosarlle a semana pasada ao Portonovo un 2-4. Os do carneiro afrontan con novos bríos o partido contra os do Grove, esperando sumar os tres puntos e saír dos postos baixos da táboa clasificatoria. Os xogadores do Moraña, pra o partido do próximo sábado estan citados nas mesmas instalacións do Buelo as 15:30 horas o encontro comenza as 16:00 horas CATRO DA TARDE.

Compárteo!

1 comentario

Deixa un Comentario