O Primeiro Equipo do Moraña C.F. volve na tarde-noite de hoxe aos adestramentos de cara a preparar esta nova tempada 2016-2017 na que competirán en 2ª Categoría Autonómica tralo ascenso acadado o ano pasado.

O equipo dirixido polo Chino comeza unha dura pretempada buscando afinar ao equipo e lograr unha boa posta a punto de cara ao comezo de Liga que a falta de confirmación oficial se producirá a mediados de Setembro.

Moito ánimo e a darlle duro!

Compárteo!

Comentarios Pechados.