Comeza a Liga para o noso primeiro equipo, ante un rival directo e difícil como é o Atlético San Miguel. Os rapaces do Chino viaxan a este encontro cheos de ilusión e con ganas de comezar a Liga cos 3 primeiros e importantísimos puntos baixo o brazo.

Para este encontro, o equipo morañés conta con varias baixas, entre elas a do gardameta Cabanelas que segue a recuperarse da lesión que se fixo nesta pretempada.

Os Senior adestrarán este mércores e venres no campo de O Buelo para preparar este partido a partires das 21:00 horas.

O encontro comezará ás 17 horas no campo Monte da Lomba de San Miguel de Deiro.

Moito ánimo e a dalo todo!!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario