O primeiro equipo do Moraña C.F. participou na tarde de hoxe no Torneo Val de Vea, que enfrontaba en formato de triangular a Presqueiras, Moraña e ao equipo local, o Vea C.F.

O trofeo foi para o Presqueiras, que logrou empatar co Vea e venceu aos morañeses no derradeiro encontro. Os resultados foron os seguintes:

  • Vea 0 Presqueiras 0 (Penaltis 3-5)
  • Vea 2 – Moraña 2 (Viti fixo os dous goles). Nos penaltis perdemos 5-4.
  • Moraña 0 – Presqueiras 2.

Noraboa ao Presqueiras por este Trofeo, e moitas grazas ao Vea C.F. por invitarnos ao mesmo.

O equipo sénior do Moraña C.F. retomará os adestramentos este mércores de cara ao debut ligueiro contra o San Miguel de Deiro o vindeiro domingo.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario