O vindeiro día 20 de Maio, vai ter lugar no Estadio de Riazor ás 20:30 o encontro entre as Seleccións de Galicia e Venezuela. Para este gran acontecemento, o Moraña C.F. en colaboración coa Federación Galega de Fútbol vai habilitar un autobús para todos os afeccionados morañeses que queiran acudir ao encontro.

Para ter praza no autobús, hai que poñerse en contacto co Clube antes do luns 16 de Maio, para adquirir a entrada e así reservar a praza. O prezo das entradas é de:

  • Tribuna e Preferencia: 15 euros
  • Fondos: 10 euros

Temos que lograr xuntar alomenos 35 personas para poñer o autobús, polo que animádevos e animade aos vosos amigos para acudir a esta grande festa do fútbol. O Autobús salirá sobre as 16:00 de Moraña e voltará tralo partido.

A qué agardades? A vosa Selección necesítavos!!

Compárteo!

Comentarios Pechados.