Uns 600 árbitros do Comité Galego reuníronse este sábado na adega Condes de Albarei de Castrelo, en Cambados, para celebrar a XV Gala da Arbitraxe Galega, un encontro que foi presidido por Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, e no que foron premiados os mellores árbitros das dúas últimas temporadas, así como tamén clubs e medios de comunicación que pola súa labor representan un apoio importante para a arbitraxe.

Esta gala celébrase cada dous anos e a última edición fora organizada en Ferrol. Nesta ocasión foi a Delegación de Árbitros de Pontevedra a anfitriona.

Neste acto, o Moraña C.F. foi distinguido dentro da Delegación de Pontevedra polo seu apoio á labor dos árbitros, recollendo este recoñecemento o Presidente, Germán Rúa.

Grazas a todos os que formamos a familia do clube, os auténticos artífices deste recoñemento.

Compárteo!

Deixa un Comentario