O Moraña C.F. presenta a Sexta Edición da MorañaCUP, que se disputará o vindeiro 17 de Maio no Campo de O Buelo. Ao igual que na edición anterior, as categorías que participarán serán PREBENXAMÍNS, BENXAMÍN E ALEVÍNS, todos en modalidade de F8.

Vannos visitar 7 clubes, aos que o Moraña C.F. agradece a súa participación. Estes Clubes invitados son a A.J. Lerez, Pontevedra C.F., Caldas C.F., Barro C.F.,  Campo Lameiro C.D., E.F.B. Cangas e E.F.B. Terra de Montes

Deixamos aquí o cadro de competición e o desenvolvemento do Torneo, que terá lugar ininterrumpidamente entre as 10:00 e as 19:00 dese venres 17 de Maio.

INFORMACIÓN E NORMAS DA COMPETICIÓN

A MorañaCUP xógase en 3 categorías distintas, en formato de F8 e coas seguintes normas:

  • Dous grupos de 3 equipos que xogan unha liguilla (este ano os Prebenxamíns ao ser 4 equipos, xogarán unha Liguilla entre os catro para definir a orde das eliminatorias).
  • Os 3º de cada grupo, xogan entre eles o 5 e 6º posto (en Prebenxamíns, non)
  • O 1ª de cada grupo xoga contra o 2º do outro grupo a semifinal.
  • Os que pasen, xogan a final e os que non, 3º e 4º posto.
  • Este ano, no caso dos Prebenxamíns, xogarán as Semifinais 1º vs. 3º e 2º vs. 4º. Os gañadores xogan a final, os outros, 3º e 4º posto.
  • Todos os partidos serán de 25 minutos a tempo corrido. O saque inicial decidirase por sorteo.
  • A clasificación nos grupos guiarase pola suma de puntos (3 victoria, 1 empate, 0 derrota). En caso de empate a puntos, manda o resultado directo entre os equipos empatados. Se non se resolve, mirarase o golaverage xeral. E se persiste o empate, lanzarase unha quenda de 3 penalties.
  • No caso de empate nos enfrontamentos directos, lanzarase unha quenda de 3 penalties.
  • Os equipos poden inscribir a 15 xogadores por categoría. Debe entregarse un listado á Organización ao comezar o Torneo, e os xogadores non poden cambiar de dorsal.
  • A MorañaCUP contará con árbitros federados. As normas de xogo serán as da RFGF no que respecta a F8.
  • Un xogador expulsado nun encontro, non poderá participar no inmediatamente seguinte. Se o motivo da expulsión é debido a unha acción antideportiva, este xogador non poderá volver a ser alineado na MorañaCUP.

Pódese descargar toda a información do Torneo, no folleto informativo, aquí: hoja-informacion-2019
E a folla de inscripción para os Clubes, nestoutro enlace: Inscripcion_VI_morana_Cup

 UBICACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE O BUELO

Ver Campo de Fútbol O Buelo en un mapa más grande