• O evento foi presentado hoxe polo presidente da RFGF, Rafael Louzán, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e o presidente do Moraña CF, Germán Rúa

O campo Municipal de O Buelo, en Moraña, acollerá o vindeiro sábado día 27 deste mes de xaneiro a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais da categoría Sub-12 (alevín), na modalidade de Fútbol-8.

O campionato foi presentado esta mañá polo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Moraña, Luis Piñeiro, que estiveron acompañado polo presidente do Moraña Club de Fútbol, Germán Rúa, polo director deportivo da RFGF, Manu Fernández, e polo Delegado da RFGF en Pontevedra, Jaime Otero.

Manu Fernández abriu o acto explicando en detalle o desenvolvemento do campionato, no que participan as seleccións das distintas Delegacións da RFGF, incluída a masculina da Subdelegación da Costa da Morte. En total son oito seleccións masculinas e sete femininas, para un total de máis de 200 nenos e nenas seleccionados, aos que hai que sumar os membros do corpo técnico de cada selección.

Esta é unha competición que se divide en tres fases. A primeira disputouse en Dumbría, a segunda é esta que se celebra en Moraña e as catro mellores seleccións masculinas e femininas clasificaranse para a Fase Final, que se celebrará en Cedeira o vindeiro 13 de febrero.

Cada selección disputa dous partidos en cada fase e a clasificación final establécese sumando os puntos conseguidos nas dúas fases.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, destacou a aposta realizada polo Concello de Moraña e polo club Moraña CF, resaltando a idoneidade das instalacións de O Buelo. Asimesmo insistiu na importancia que esta xornada ten para o desenrolo persoal dos xogadores, “pois máis aló do apartado deportivo, esta é unha xornada de convivencia na que todos disfrutan dun gran día de fútbol no que comparten moito máis que fútbol”. De feito, desde a Federación foméntase esta convivencia cunha comida na que participan todos os equipos xuntos. Trátase de proxectar todos aqueles valores que emanan do deporte.

A competición dará comezo ás 10:30 da mañá e rematará sobre as 19:00 (adxúntase dossier co calendario do campionato).

Carpa habilitado para o xantar dos familiares e afeccionados

O presidente do Moraña CF, Germán Rúa, deulle as gracias á Federación por pensar en Moraña como sede deste evento e remarcou a total predisposición do club para que vivamos unha gran xornada de fútbol base. Do mesmo xeito agradeceu a colaboración do Concello e informou que se habilitará unha carpa no entorno do campo de fútbol no que se servirá un catering para todos aqueles pais, nais, familiares e afeccionados en xeral que o desexen.

Moraña está volcada co evento

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, pechou o acto devolvendo os agradecementos e amosando o seu desexo de que deportistas e afeccionados disfruten dunha gran xornada “na nosas instalacións”. Unhas instalacións que o Concello pon a total disposición do evento. A rexedora destacou a labor que está a facer diariamente o Moraña CF e logo da presentación acompañou aos responsables federativos ata o campo de O Buelo, donde puideron comprobar de primeira man que as instalacións cumpren de sobra cos requerimentos esixidos.

Compárteo!

Deixa un Comentario