• Novo empate na casa dos nosos Senior

Recibiu na mañán de hoxe en Mirallos o Moraña ao Romay na oitava xornada de Liga. Un encontro que cedo se encarrilaba cun gol de Pablo Porta no minuto catro, aproveitando un erro nunha posesión visitante, con presión de Collins que recupera e habilita a Pablo para que bata a Ramón.

Este gol fixo que os nosos baixaron un chisco o pistón, deixando a iniciativa ao Romay e xerando perigo en poucas ocasións nas que lograban triangular os xogadores máis desequilibrantes do Moraña. Tivo o segundo de novo Pablo, que non foi quen de concretar. Con este 1-0 se chegaba ao descanso.

Na reanudación, o Romay saíu con máis convicción que os nosos, buscando aumentar o ritmo e lograr a reacción. Acadaron a igualada por medio de David rematando un córner no 54. Este empate reseteaba totalmente o encontro, cun Romay que ía cara arriba e que creía nas súas posibilidades de victoria. Pero quen volveu a coller vantaxe foi o Moraña, nun balón ao espazo que aproveitou Pablo Porta para definir con calidade ante Ramón no 67.

Os visitantes non baixaron os brazos, e acadaron de novo a igualada noutro córner que desta volta remataba Marcos no minuto 72. Con este empate o encontro volveuse tolo, con contínuas idas e voltas por parte dos dous equipos. Nunha destas xogadas de correcalles,  Pablo Porta fixo o terceiro, pero o colexiado anulouno por una man máis que dubidosa. Así que non se moveu o marcador, e ao final dos 90 minutos, 2-2 e un novo empate para os nosos.

Próxima parada, este xoves día 1 de Novembro ante o San Adrián. A dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Salva, Roberto, Iván Vidal, Yeray, Samu, Pablo Porta, Collins, Celso e Edu. Tamén xogaron Caba, Borja, Adrián e Javi.

S.D. Romay: Ramón, David, Manu, Roberto, Juan, Jose, Edgar, Hellon, Marcos, David e Manuel. Tamén xogaron Julián, Alejandro, David, Somoza e Iván.

Goles: 1-0 Pablo Porta (min. 4); 1-1 David (min. 54); 2-1 Pablo Porta (min. 67); 2-2 Marcos (min. 72).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario