• Victoria no Derbi para seguir pelexando o liderato.

Vixésima oitava xornada de Liga, só seis para a finalización do Campeonato e a emoción segue ao máximo. Na tarde de hoxe, os nosos Senior recibían aos veciños do Caldas C.F. para a desputa dun derbi con necesidades antagónicas: os nosos, seguir na pelexa da cabeza, e o Caldas tentar escapar dos postos de descenso.

O encontro estivo marcado polo bo arranque dos nosos, que se puxeron por diante no minuto 3, cun lanzamento lonxano de falta de David, que o meta visitante non puido despexar. Este gol foi un mazazo para o Caldas, momento que aproveitou o Moraña para poñer máis vantaxe. No 11, unha boa combinación entre Celso e Salva acaba cun remate adentro de Celso, poñendo o 2-0. David facía o terceiro no 25, nunha presión avanzada, na que recuperou o balón, encarou e fusilou. Aínda tiveron tempo os nosos para poñer o 4-0 antes do descanso: acción por banda de Rodrigo que pon centro a área, e entre o defensa e Celso o balón remata dentro das mallas. Este foi o resultado ao final dos 45 minutos.

Na segunda metade, o guión mantívose case sen variacións. Iván Goldar puxo o quinto no minuto 60 nunha acción na área rival e Andrés no 75 cun chutazo dende fóra da área poñía 0 6-0. O Caldas tivo unha opción para recurtar neste momento, con dous mans a mans claros. No primeiro, Caba resolveu ben, e no segundo Rober saca o balón sobre a liña.

O que non podía faltar a súa cita co gol foi Rodrigo. Seus foron os dous últimos goles do Moraña: o primeiro rematando de cabeza unha falta lateral lanzada por Borja no 75 e no 80 aproveitou un centro lateral para definir con calidade. 

Tres puntos máis sumados, que permiten momentáneamente poñerse segundos empatados co San Adrián,  á espera do que faga o Zacande no seu encontro adiado co Hío. Esta semana teremos un novo encontro copeiro de oitavos, e o vindeiro domingo visita á USDM Deiro. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, Edu, Celso, David Grande, Suso, Andrés e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Allan Víctor, Borja, Yeray e Pablo Cancela.

Caldas C.F.: Carlos, Raúl, Adrián, Manu, Juan, Thomas, Miguel, Dani, Álvaro, Mikel e Pablo. Tamén xogaron Modesto, Martín, Julián, Deily e Julio

Goles: 1-0 David Grande (min. 3); 2-0 Celso (min. 11); 3-0 David Grande (min. 18); 4-0 Celso (min. 25); 5-0 Iván Goldar (min. 60); 6-0 Andrés (min. 75); 7-0 Rodrigo (min. 75); 8-0 Rodrigo (min. 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario