• Tres puntos importantes antes das tres finais que quedan.

Recibían os nosos nesta chuviosa tarde de domingo ao Unión Sampayo, un histórico do fútbol pontevedrés. Os nosos, obligados a gañar saíron ao encontro con moita intensidade. O dominio era claramente morañés, pero sen acerto. E foi o Sampayo o que se adiantou, nunha xogada na que Miguel presiona a Anxo, e o despexe deste golpea contra o dianteiro. Balón morto e bo remate case sen ángulo no minuto 6 para poñer o 0-1.

Este gol non puxo nervioso ao Moraña, que seguiu dominando e xerando perigo. Nunha falta lanzada por Ferro e que despexa David, Rodrigo aproveita para poñer a igualada. Era o minuto 22. Os nosos non baixaron o pistón, e as ocasións seguiron chegando. Salva rematou fóra nun córner e outro ao longueiro, e Ferro, ante a salida do porteiro envía o balón á cruceta. Antes do descanso chegou o segundo. Balón colgado de Cholo para Suso que cede a Allan para o remate, rexeite do porteiro e Salva fusila para o 2-1.

Na segunda metade, o Moraña xogou con lume. Perdeuse ese control que se tivera na primeira metade, e o Sampayo deu un paso adiante para buscar a igualada. Case chega nunha xogada na que Rober se lía pero os pontevedreses non aproveitan. Malia todo, e pese a perder ese control que se mantivera nos primeiros 45 minutos, os nosos non encaixaron e no desconto facían o 3-1 por medio de Pablo Cancela que volvía tras lesión. Victoria para seguir no máis alto e, grazas ao empate do Zacande na Lama, con 3 puntos de vantaxe ante os dous inmediatos perseguidores: Zacande e F.C. Cruceiro.

Próximo domingo, viaxe ao Morrazo para enfrontarse ao segundo clasificado, o Cruceiro, que acumula xa 19 xornadas sen coñecer a derrota. Ánimo e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Salva, Iván Vidal, Rober, Andrés, Ferro, Suso, Edu, Allan e Rodrigo. Tamén xogaron Chima, Pedro, Pablo Cancela, Borja e Yeray.

Unión Sampayo: David, Fer, Luis, Jose, Alberto, Jose, Jesús, Borja, Jose Miguel, Andrés e Sergio. Tamén xogaron Raúl, Edgar, Sergio, André e Adri.

Goles: 0-1 Jose Miguel (min. 6); 1-1 Rodrigo (min. 22); 2-1 Salva (min. 42); 3-1 Pablo Cancela (min. 90+3)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario