• Pleno de victorias en Mirallos nesta Liga

  • De novo tocou remontar.

Sétima xornada de Primeira Autonómica, visitándonos un dos clubes históricos das Rías Baixas, a U.S.D. O Grove. Un encontro fundamental para os visitantes, que chegaban como colistas e buscando unha reacción para comezar a sumar victorias. O encontro comezou igualado, e con ocasións para ambas partes. Pero foi o Grove o que abriu a lata no 25, cando Adrián batía a Anxo cun maxistral lanzamento de falta dende o lateral da área. De novo tocaba remontar para os nosos, que marcharon aos vestiarios con esta desvantaxe.

Na segunda metade o Moraña saliu con forza, e no 54 David Alexander remataba á rede un saque de banda posto por Goldar. O partido comezaba de novo. E aproveitando o impacto deste gol, Castillo no minuto 65 volvía a batir a Christian, rematando de cabeza outro balón longo que viña de saque de banda. Pese aos intentos por acadar o empate, a defensa morañesa funcionou perfectamente no último tramo, e o 2-1 foi o resultado final.

Tres novos puntos para os nosos, que xa suman 12 e se manteñen na zona morna da clasificación. Próxima xornada, viaxamos a Vigo, para xogar ante o C.P. Alertanavia. Ánimo, rapaces.

 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Richi, Jonathan, David Alexander, Castillo, Edu, Iván Vidal, Álvaro e Miguel. Tamén xogaron Rober, Pablo Porta, Ferro, Borja e Pablo Cancela.

U.S.D. O Grove.: Christian, Julen, Rober, Martín, Jorge, Jacobo, Gabri, Jesús, Adri, Oriol e Antón. Tamén xogaron Izan, Samu, Pablo, Mateo e Juan José.

Goles: 0-1 Adri (min. 25); 1-1 David Alexander (min. 54); 2-1 Castillo (min. 65).

Compárteo!

Deixa un Comentario