• O Moraña volve á senda da victoria.

  • O tempraneiro gol de Ferro, da os 3 puntos.

Os Senior volven a sumar de a 3 trala victoria deste domingo en Mirallos ante o C.D. La Guía. Unha victoria traballada e sufrida, que se fundamentou no gol de Ferro no minuto 13 dende a frontal da área. Os nosos souberon manter á raia ao seu rival con esta vantaxe pola mínima, e pese a que houbo ocasións polas dúas partes, tralos 90 minutos o Moraña suma unha nova victoria ao seu casilleiro. Con estes tres puntos, sumamos xa 15 puntos, asentándonos na zona media da táboa clasificatoria.

Próxima xornada, vólvese a xogar un derbi, ante o Atlético Cuntis na Ran. Para este encontro, o Moraña xa non contará co seu adestrador ata o día de hoxe, Luís Oliveira, que deixa o cargo por motivos personales tras este partido. Dende o Moraña C.F. só podemos lamentar esta mala nova e desexarlle o mellor a Luís, cuio traballo no noso clube estaba a ser moi positivo. Luis, o Moraña C.F. sempre será a túa casa, moito ánimo e moita sorte.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Richi, Jonathan, Chima, Antonio, Ferro, Iván Vidal, Davor e Dani. Tamén xogaron Borja, Caba, Álvaro, Pereira e Pablo Cancela.

C.D. La Guía: Cristian, Brendan, Diego, Manu, Harold, Iván, Adri, Aarón, Jacobo, Alexandre, Sergio e Cristian. Tamén xogaron Óscar, Jimmy, Alex, Javi e Álex.

Goles: 1-0 Ferro (min. 13.

Compárteo!

Deixa un Comentario