• Derrota clara na casa.

  • A falta de gol, chave.

Decimo terceira xornada de Liga para o noso Senior, que recibía en Mirallos ao Rácing Castrelos F.C. Os nosos non foron quen de sacar o encontro adiante, ao seguir con problemas á hora de finalizar (xa son dous encontros sen marcar). Os visitantes si convertiron, e Borja no minuto 36 poñía por diante ao Castrelos. Chegouse ao descanso con este marcador.

Na segunda metade o Moraña buscou a reacción saíndo con ganas, pero Yago truncaba esta saída ao facer no 55 o 0-2. Sen baixar os brazos, os nosos seguiron pelexando, pero de novo Yago sentenciaba o encontro no minuto 75 con 0-3. Toca seguir remando e saír desta dinámica negativa. Próxima xornada, visita ao C.D. Arcade. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Richi, Jonathan, David Grande, Teijeira, Edu, Iván Vidal, Dani e Ferro, Tamén xogaron Rober, Pereira, Caba, Álvaro e Borja.

Rácing Castrelos F.C.: Miguel, Isaac, Abraham, Guiller, Jose, David, Jose, Aarón, Yago, Borja e David. Tamén xogaron Yago, Antonio, Fran, Pablo e Lima.

Goles: 0-1 Borja (min. 36); 0-2 Yago (min. 55); 0-3 Yago (min. 75).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario