• Primeira derrota da tempada en Mirallos.

  • O gol do Campo chegou no minuto 92.

De novo no desconto escapan dous puntos despois dun encontro igualado e moi traballado. Un derbi en toda regla, que levaba varias tempadas sen producirse e que chegaba na novena xornada de Liga desta Primeira Autonómica. Ambos conxuntos loitaron a reo durante os 90 minutos para facerse coa victoria, tendo o Campo Lameiro a ocasión máis clara nun penalti na primeira metade, que Anxo lle detivo a Enrique.

Na segunda metade, a igualdade seguiu sendo máxima, nun Mirallos que aguantou como pudo esta tarde de choiva. E cando parecía que o empate sen goles ía a ser o resultado final, no minuto 92, Adri Porto facía o único tanto da tarde, que lle valeu aos nosos veciños para facerse con este derbi pola mínima.

Primeira derrota en Mirallos nesta tempada 19/20, e un resultado que fai que a parte media da táboa se aprete aínda máis, con varios equipos en pouca distancia de puntos.

Próximo encontro o vindeiro domingo, ante o U.D. Santa Mariña. A preparalo con forza!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Richi, Jonathan, Castillo, Pablo Porta, Edu, Iván Vidal, Álvaro e Pablo Cancela. Tamén xogaron Ferro, Joel, Borja, Chima e Marcos.

Campo Lameiro C.D.: Iván, Miranda, Sergio, Rodri, Antonio, Ángel, Enrique, Bruno, Manu, Miguel e Víctor. Tamén xogaron Aitor, Paulo, Julio, Nino e Adri Porto.

Goles: 0-1 Adri Porto (90+2)

Compárteo!

Deixa un Comentario