• Seguimos sen sumar a domicilio

  • Dani Castro cun doblete, foi o home do partido.

Décima xornada desta Primeira Autonómica e visita a Cotogrande para enfrontar á U.D. Santa Mariña. Un encontro que estivo igualado, pero no que os detalles e un maior acerto por parte dos locais foi crucial. O Moraña saiu entonado, pero no minuto 14 Dani de cabeza facía o primeiro, dando vantaxe ao Santa Mariña. Este 1-0 foi o resultado ao descanso.

Na reanudación o encontro seguiu na senda da igualdade, pero de novo Dani no minuto 63 batía a Anxo, poñendo máis terra de por medio. Tivo Richi a opción de recortar distancia dende os 11 metros, pero ata nese non tivo o Moraña sorte, e Jacobo despexaba. Malia a que os nosos seguiron pelexando, o marcador non se moveu e os puntos quedaron en Cotogrande.

Só queda remangarse e seguir traballando para volver a sumar. Próxima estación. C.D. La Guía en Mirallos o vindeiro domingo. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

U.D. Santa Mariña: Jacobo, Pablo, Jorge, Yago, Adri, Rubén, Óscar, Rodri, Dani, David e Pedro. Tamén xogaron Bruno, Javier, Jose, Fernández e Isidro.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Vidal, Richi, Borja, Chima, Edu, Iván Goldar, Ávaro, Marcos e Ferro. Tamén xogaron Jonathan, Davor, Alex, Caba e Pablo Cancela.

Goles: 1-0 Dani (min. 14); 2-0 Dani (min. 63).

Compárteo!

Deixa un Comentario