Partido interesantísimo o que vai xogar esta fin de semana o noso equipo Senior, ante un equipo que de seguro vai pelexar por estar nas primeiras posicións da táboa clasificatoria.

Os do Chino, tras caer derrotados antes o San Miguel a semana pasada, tentarán facerse cos seus 3 primeiros puntos na casa ante este rival. Para preparar este encontro, xa realizaron onte o primeiro adestramento semanal, e farán o propio na noite de mañán en O Buelo a partires das 21:00 horas.

O encontro será o Domingo a partires das 16:30 horas no campo de O Buelo, ao non estar aínda dispoñible o Campo de Mirallos.

Moito ánimo e sorte aos nosos Senior.

Compárteo!

Deixa un Comentario