• Victoria contundente en Mirallos para volver a sumar

Primeiro encontro en Mirallos neste 2019 para recibir xa na 20ª xornada de Liga ao Marín C.F. Tralo tropezón da xornada anterior na visita a Bueu, os nosos precisaban puntuar para manterse na loita, e foi o que conseguiron.

Iso sí, o largo do marcador non fala do que foi o encontro. A primeira metade foi de dominio morañés, pero sen ocasións claras para abrir a lata. O Marín inquedaba no balón parado e en balóns colgados á area, pero os nosos tampouco trenzaban bo fútbol para xerar perigo. Esta falta de claridade unida a que Mirallos non está no seu mellor momento, puxo en dificultades aos nosos. Malia todo, os nosos conseguiron adiantarse grazas a un gol de falta de Rodrigo dende a frontal.

Na segunda metade, o Marín comezou moito máis entonado e lanzándose a buscar o empate. Tivo que aplicarse a fondo Caba en varias xogadas para evitar ese 1-1 e isto foi clave, porque os visitantes ían cara arriba e ese gol podía darlle alas. Sufriu o Moraña ata o 70, cando Ferro recibiu na área e cruzou o balón para bater a Ángel e facer un 2-0 que daba tranquilidade. Este gol cortou ese momento do Marín que baixou o pistón e o Moraña aproveitou este último tramo para tomar máis vantaxe utilizando sobre todo as contras. No 78, Ferro cede a Rodrigo para poñer o 3-0, no 89 Borja acompaña unha contra e Rodrigo dalla para poñer o cuarto, e xa no desconto, Salva remata unha falta lateral para poñer o definitivo 5-0.

Resumindo, un encontro traballado no que tres puntos importantes se quedan na casa. Vindeira xornada, visitamos á S.C.D. Poio. A prepararse!!!

 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Samu, Salva, Rober, Iván, Yeray, Ferro, Kevin, Edu, Víctor e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Iván Goldar, Borja, Collins e David Alexander.

Marín C.F.: Angel, Jose, Antonio, David, Dios, Taha, Alexandre, Joaquín, Samuel, Abrahan e Jose Carlos. Tamén xogaron Pablo, Jesús, Pereira e Jaime.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 19); 2-0 Ferro (min. 70); 3-0 Rodrigo (min. 78); 4-0 Borja (min. 89); 5-0 Salva (min 90+3).

Compárteo!

Deixa un Comentario