• Un gran Rodrigo achega ao Moraña aos primeiros postos

Decimoséptima xornada de Liga, na que o noso Primeiro Equipo recibía en Mirallos ao C.D. Bamio. Un encontro chave para seguir na parte noble da táboa e na que os nosos xogaron a un gran nivel.

O Moraña fixo unha moi boa primeira parte, malia que non se abriu a lata ata case o tramo final. Rodrigo facía o primeiro no 36, e case sen dar opción á reacción aos visitantes, o propio Rodrigo facía o 2-0 de penalty. Este foi a resultado ao descanso. Tralo paso polos vestiarios e cando o Bamio podía buscar a reacción, nada máis arrancar, Rodrigo poñía o 3-0.

Tras este gol , os nosos mantiveron o nivel, pero sendo máis cuidadosos para manter a vantaxe con solvencia. No minuto 55 Pablo dáballe algo de emoción ao encontro facendo o 3-1 pero os nosos apretaron a reo para non conceder moitas más ocasións e no desconto Rodrigo certificaba a victoria e redondeaba un encontro incrible pola súa parte, facendo o 4-1 no 92.

Con esta victoria, péchase a primeira volta, na que os nosos fixeron 33 puntos. O vindeiro domingo 23 comeza a segunda volta, recibindo en Mirallos á U.D.C. Vilaboa. Ánimo e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Rober, Salva, Yeray, Iván, Collíns, Edu, Kevin, Jonathan, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Borja, Caba, Samu, Allan e Ferro.

C.D. Bamio: Raúl, Javi, Alexandre, Pablo, Rober, Xoan, Gonzalo, Ricardo, Samu, Adri e Juan. Tamén xogaron Felipe, Isaac, Jose e Diego.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 36); 2-0 Rodrigo (min. 40); 3-0 Rodrigo (min. 45+2); 3-1 Pablo (min. 55); 4-1 Rodrigo (min. 90+2).

Compárteo!

Deixa un Comentario