• Os nosos perdonan na casa do colista e acaban pagándoo.

O noso senior viaxaba na tarde de onte ás Chans, para xogar ante o Puntearnelas. Os rapaces de Fabio saíron ao encontro coas ideas claras, e pese a xogar a primeira metade en contra do forte vento, gozaron de moitísima ocasións. Pablo Cancela, Pablo Porta, Celso… as xogadas de perigo ían chegando pero non se concretaban en goles, ás veces por imprecisións e outras polo acerto dos locais.  O Puentearnelas só xeraba perigo con accións a balón parado e con disparos lonxanos que non supoñían problemas para Caba. Pese a todas estas ocasións, ao descanso chegamos co 0-0.

Na segunda metade os locais xeraron perigo case dende o saque de centro, e na segunda xogada desta parte, un avance por banda remata en centro a área para que Adrián puxera o 0-1. Incrible ir por debaixo no marcador tras ter malgastado tantas ocasións, pero así é este deporte. Os nosos remangáronse e puxéronse a traballar para buscar a reacción. E de novo, comezaron a chegar ocasións. Internadas por banda á que Collins non chega a rematar, algún córner que saía rozando o longueiro… e por fin no 67, nun cambio de orientación que recibe Ferro, encara e pon o empate.

O Puentearnelas con este gol reforzou o que xa estaba facendo, perdendo o máximo de tempo posible en cada acción e tentando frear o partido e contemporizar. O Moraña, buscando os tres puntos, seguiu ata o final xogando con moita valentía, pero sen acadar ese segundo gol que certificaría a victoria. Así que tralos 90 minutos, 1-1.

A seguir traballando e a preparar a visita do C.D. Cesantes a vindeira xornada.

Ficha Técnica

S.D. Puentearnelas: Rubén, Miguel, Blanco, Andrés, Iago, Alejandro, Fernando, Dimitar, Adri, Cochón e Falcón. Tamén xogaron Héctor, Iván, Juan, Adri e Jesús.

Moraña C.F.: Caba, Iván, Salva, Rober, Iván, Julián, Ferro, Pablo Cancela, Collins, Celso e Pablo Porta. Tamén xogaron Pedro, Edu, Yeray, Borja e Xián.

Goles: 1-0 Adrián (min. 46); 1-1 Ferro (min. 67).

Compárteo!

Deixa un Comentario