• Un gol de Rodrigo dende os 11 metros no desconto dan 3 puntos importantísimos.

Comezaba no día de hoxe a Segunda Volta da Liga, recibindo os noso Primeiro Equipo á U.D.C. Vilaboa en Mirallos. Un encontro chave para coller distancia co Vilaboa e reafirmarse nas primeiras posicións.

Tras uns primeiros minutos de tanteo, Rodrigo facía no 15 o 1-0 nun lanzamento de falta no que o balón bota diante de Antonio.  O empate chegou no 19, nun saque de córner no que Raúl aproveita o rexeite de Caba para golpear. O balón da en Cholo e fai imposible calquer reacción para evitar o tanto.

Con este 1-1 comezaba un encontro novo, no que Caba mantivo aos nosos no encontro con varias paradas de mérito. Sacou un pe a un disparo Sergio cando xa se cantaba o gol, e sacou un lanzamento lonxano que se colaba pola escuadra. O Moraña tamén contestou por medio de Suso, cun disparo lonxano e Rodrigo nun remate ao longueiro, pero que non se concretaron Ambos conxuntos facían méritos, pero co 1-1 se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o Vilaboa logrou poñerse por diante. No 56, un lanzamento lonxano de falta é rematado por Borja sen que os nosos poidan facer nada. 1-2 e tempo por diante para reaccionar. Tiveron os visitantes o terceiro, nun disparo cruzado que de novo Caba logrou rexeitar. Pero quen marcou foi o Moraña. De novo de falta, David Alexander que volvía ao equipo poñía o 2-2 no minuto 87 cunha gran execución. Este gol foi un espaldarazo para os nosos, que a pesar do estado do campo tentaban combinar por dentro e xerar máis perigo. E o premio chegou no 92. Balón en largo que Rodrigo controla e encara quedando en man a man con Antonio que o derriba facendo penalti. O propio Rodrigo non perdona dende os 11 metros e convirte o definitivo 3-2 co que rematou o encontro.

Agora, descanso de Nadal ata o vindeiro 13 de Xaneiro, no que xogamos no Municipal de Bueu ante o C.D. Bueu.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Rober, Salva, Allan, Iván, Collins, Edu, Kevin, Ferro, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Borja, David Alexander, Yeray e Celso.

U.D.C. Vilaboa: Antonio, Manu, Raúl, Isaac, Óscar, Javi, Diego, Jose, Sergio, Borja e Alejandro. Tamén xogaron Miguel, Adrián, Moledo e Martín.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 15); 1-1 Raúl (min. 19); 1-2 Borja (min. 56); 2-2 David Alexander (min. 87); 3-2 Rodrigo, penalty (min. 90+2)

Compárteo!

Deixa un Comentario