• Os nosos remontan tras adiantarse o Deiro.

Duodécima xornada de Liga, achegándose ao ecuador e novo encontro en Mirallos, desta volta ante a U.D.S.M. Deiro, que chegaba ao noso campo coa necesidade de puntuar. O Moraña saíu a este encontro coas ideas claras, comezando a xerar perigo dende o primeiro minuto, combinando xogo de toque con balóns longos buscando sobre todo a Rodri. Malia todo, este perigo non se daba traducido en goles, e foi o San Miguel o que se adiantou case chegando ao descanso. Un balón ao espazo sorprende á nosa defensa, e tras un pase da morte, Ríos poñía o 0-1 no minuto 41.

Non tardaron en reaccionar os nosos, e isto foi chave para o devenir do encontro. Nun saque de banda, Salva peina o balón para que Borja entre no segundo pao e poña a igualada. Este 1-1 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade o encontro mantivo a tónica da primeira, co Deiro buscando ese balón á espalda e os nosos tentando combinar. Nun deses balóns á espalda, tiveron os visitantes o 1-2, nun man a man que Caba solventou de xeito maxistral.

Fabio moveu o banquillo, buscando cambiar o encontro, e este cambio surtiu exemplo. No 76 os nosos poñíanse en vantaxe. Julián abre á banda para que Samu, tras unha gran xogada personal, bata a Jorge. O Deiro tentou dar un paso adiante para buscar o empate, pero os nosos sentenciaron no 81. Balón para Rodri que deixa de cara a Celso que habilita ao espazo para que de novo Rodri bregando cos defensas lles gañe a partida e estableza o definitivo 3-1. O último tramo do encontro estivo cargado de polémica, con varias xogadas discutibles, e na que finalmente Rodri acaba expulsado, unha mala nova para os nosos.

Vindeira xornada, recibimos en Mirallos á S.D. Noalla.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Julián, Iván, Javi, Kevin, Collins, Borja e Rodri. Tamén xogaron Anxo, Víctor, Samu, Yeray e Celso..

U.D.S.M. Deiro: Jorge, Gabriel, Pablo, Alberto, Alejandro, David, Yago, Ríos, Eloy, Jose e Abel. Tamén xogaron Dani, Diego, Rubén, Juan e Jose Carlos.

Goles: 0-1 Ríos (min. 41); 1-1 Borja (min. 43); 2-1 Samu (min. 76); 3-1 Rodri (min. 81)

Compárteo!

Deixa un Comentario