• Terceira victoria consecutiva dos Senior

O noso Primeiro Equipo repetía na casa, recibindo esta xornada á S.D. Noalla en Mirallos. Os nosos plantexaron o encontro tentando combinar e buscando superioridades por banda ante un rival que pechaba espazos e buscaba a contra aproveitando erros morañeses.

Malia a buscar ese xogo combinativo, o primeiro gol chegou ao balón parado. Lanzamento de córner que Rober prolonga dende o segundo pao, Salva evita o despexe do Noalla deixando o balón na área para que Collins defina no minuto 21. Antes do descanso, tivo o Moraña o segundo para dar aínda máis tranquilidade, pero o colexiado interpretou fóra de xogo de Collins. Coa vantaxe mínima, o Noalla comezou a buscar máis o ataque, xerando máis perigo aínda que sen ocasións claras.

No comezo da segunda parte, tivo Yeray tamén o segundo, nun balón solto na área que David despexa ben. Pero tantas ocasións tiveron premio no 54. Apertura á banda de Yeray para Iván Goldar, que pon un centro raso para que Collins de novo defina. Este segundo gol fixo que o encontro se rompera, cun Noalla que comezou a buscar un fútbol máis directo e a segunda xogada. Os nosos tiveron opcións tamén, que non se daban finalizado. Pero no 80, Samu sentenciaba cun balón rexeitado no segundo pao que definiu cruzando ao lado contrario. Este 3-0 certificaba a victoria, e confirmaba que os puntos se quedaban en Mirallos.

Próxima xornada, visita á casa do Unión Sampayo. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Julián, Iván, Jualián, Edu, Kevin, Collins, Suso e Yeray. Tamén xogaron Anxo, Borja, Samu, Javi e Celso.

S.D. Noalla: David, Óscar, Ángel, Sergio, Adrián, Jorge, Vilar, David, Antonio, Brais e Gonzalo. Tamén xogaron Borja, Fernando e Christian.

Goles: 1-0 Collins (min. 21); 2-0 Collins (min. 54); 3-0 Samu (min. 80).

Compárteo!

Deixa un Comentario