• Un hattrick de Rodrigo, certifica a victoria ante o colista.

Vixésimo segunda xornada de Liga, e encontro máis que complicado para os nosos en Mirallos, ao recibir ao colista (S.D. Puente Arnelas). Un equipo ao que na primeira volta os nosos non lograron vencer, empatando a un gol nas Chans.

Os nosos saíron concentrados, coa necesidade de sumar para manterse nos postos altos e tentando non dar opción a un rival que pese a situación clasificatoria, pelexou a reo nos dous partidos xogados ante os nosos. Rodrigo abriu o marcador no minuto 17, co único gol que se viu nos primeiros 45 minutos. As ocasións chegaban, pero non chegaba o gol da tranquilidade, e esta vantaxe pola mínima foi coa que se chegou ao descanso.

Na reanudación, con folgos renovados, os nosos trataron de poñer máis distancia canto antes, pero tivemos que agardar ata o minuto 60, cando de novo Rodrigo batía a Héctor e facía o 2-0 que daba a tranquilidade e permitía aos nosos seguir xogando xa cun colchón importante. Redondeou o marcador o propio Rodrigo case co pitido final, certificando o seu hattrick no 88 e deixando o resultado no 3-0 definitivo. Con esta victoria, os nosos acadan os 45 puntos, ocupando agora mesmo posto de ascenso directo (como segundos clasificados). A seguir traballando e a preparar a visita ao C.D. Cesantes da vindeira semana!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Borja, Rober, Iván Vidal, David Alexander, Ferro, Andrés, Edu, Allan e Rodrigo. Tamén xogaron Yeray, Caba, Collins, Samu e Pereira.

S.D. Puente Arnelas: Héctor, Miguel, Breixo, Miguel, Dani, Adri, Fer, Iván, Emilio, Cochón e Álex. Tamén xogaron Iván, Rubén, DIego, Iago e Adrián González.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 19); 2-0 Ferro (min. 70); 3-0 Rodrigo (min. 78); 4-0 Borja (min. 89); 5-0 Salva (min 90+3).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario