• Empate traballado sobre a bocina

  • A clasificación, cada vez máis apretada

Decimo novena xornada desta liga de Primeira Autonómica que está  a ser de infarto. Unha xornada máis en Mirallos ante un rival que se xogaba os postos de play-off e un Moraña que buscaba alonxarse da parte baixa. Tras unha primeira parte moi igualada, Pablo Porta ao filo do descanso, abría a lata e poñía ao Moraña por diante, co seu gol no minuto 39. Con esta victoria pola mínima se chegaba ao descanso

Na reanudación o Marcón saiu máis enchufado, e conseguía darlle a volta ao encontro rápidamente. Sergio no 52 e Xoel no 58 facían dous goles para poñer o 1-2 e darlle vantaxe ao seu equipo. Os pontevedreses pecharon filas tras este gol, buscando non encaixar, pero case co pitido final, David Grande facía o 2-2, resultado definitivo.

Con este empate, os nosos suman 22 puntos, manténdose na parte baixa pero con case 10 equipos nunha marxe de 6 puntos. Toca seguir remando, próxima parada, Caselas. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Goldar, Rober, Richi, Miguel, David Grande, Teijeira, Pablo Porta, Edu e Iván Vidal. Tamén xogaron Anxo, Borja, Álvaro, Ferro e Chima.

Marcón Atlético: Álvaro, Carlos, Juan, Sebas, Manu, Sebas, Manu, Sergio, Iván, Óscar, Darío, David e Xoel. Tamén xogaron Anxo, Pablo, Víctor, Diego e Pablo.

Goles: 1-0 Pablo Porta (min. 39); 1-1 Sergio (min. 52); 1-2 Xoel (min. 58); 2-2 David Grande (min. 90).

 

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario