• Os nosos perdonan, e acaban pagando

  • O empate do Cruceiro chegou no minuto 97

Nova xornada de Liga, esta vez aproveitando o festivo para adiantala a hoxe xoves. Os nosos recibían en Mirallos ao F.C. Cruceiro nunha dinámica moi positiva e saíndo ao encontro buscando manter a racha. O Moraña comezou o partido a un gran ritmo, moi metido e buscando a superioridad por banda. Así chegou o primeiro gol. Cholo pelexa e rouba un balón na banda e saca un centro para o remate de Rodrigo. Era o minuto 8, e os nosos en vantaxe. E non tardaron moito en ampliar o marcador, xa que no 15, Iván Goldar chegando de segunda liña fusilaba a Abraham e poñía o 2-0.

Os seguintes minutos foron os mellores do Moraña, con opcións de facer o 3-0 en varias ocasións. Tívoa Yeray de cabeza, Suso cun disparo lonxano… As opcións sucedíanse pero non chegaba o terceiro. Incluso tralo descanso, Rodrigo aproveita un gran pase de Allan, pero o seu remate pasa lambendo o pao.

Co paso dos minutos, este dominio morañés foise diluíndo, buscando máis a contra e permitindo que o Cruceiro fose medrando. A chave do encontro estivo no minuto 80, cando o árbitro decreta un penalty a favor dos visitantes que Guiller de penalty transforma. Con este gol, o Cruceiro comezou crer en que podía sacar algún punto dun encontro no que estiveron contra as cordas durante moitos minutos e o Moraña foise enchendo de dudas. Malia todo, tiveron os nosos varias opcións neste tramo para matar o encontro co terceiro, pero este nunca chegou. E no minuto sete do engadido, e nun centro lateral tras varios rexeites, Rubén poñía o 2-2, inxusto pero certo. Non se xogou moito máis despois deste gol, e o empate foi o resultado final.

Agora a recuperarse e a preparar a visita do líder, o Zacande F.C. este domingo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, Yeray, Edu, Kevin, Celso, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Borja, Caba, Samu, Allan e Collins.

Moraña C.F.: Abraham, David, Álvaro, Fran, Arón, Alberto, Ángel, Jose, Guiller, Sergio e Rubén. Tamén xogaron Michael, Borja, Jorge G., Jorge P e Borja Coya.

Goles: 1-0 Rodrigo (min. 8); 2-0 Iván Goldar (min. 15); 2-1 Guiller, penalty (min. 80); 2-2 Rubén (min. 97).

Compárteo!

Deixa un Comentario