• Os nosos volven á senda da victoria

  • Tres puntos chave ante un rival directo

Os Senior adiantaron a este sábado o seu encontro ligueiro ante o U.V.C.D. Candeán na decimoséptima xornada de Liga. Os nosos afrontaban este encontro coa necesidade de puntuar, xa que pese a que a clasificación está apretada, sumar era fundamental para non descolgarse. E o obxectivo, no con pouco esforzo, cumpliuse.

O Moraña lograba adiantarse no minuto 20, por medio de David Grande, un gol moi importante xa que pechaba unha sequía de case 200 minutos sen que os nosos viran porta. Pero o Candeán non baixou os brazos, e ao filo do descanso, Adrián facia o empate (min. 44).

A segunda parte prometía emoción, con dous conxuntos que buscaban puntos para rematar a primeira volta o máis arriba posible. O balón non tiña dono e a intensidade era alta, pero no minuto 70 Borja Fuentes facía o 2-1, un gol importantísimo que daba 3 puntos de ouro.

Rematamos, tal e como apuntamos anteriormente, a primeira volta, con 21 puntos. Á espera dos demáis encontros que quedan por desputarse desta xornada, a segunda volta promete ser apaixoante, xa que nunha distancia de 6 puntos están 13 equipos. A prepararse para afrontala, rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván, Roberto, Richi, David Grande, Pablo Porta, Edu, Iván, Dani, Ferro e Velay. Tamén xogaron Anxo, Marcos, Pereira, Teijeira e Borja.

U.V.C.D. Candeán: Antonio, David, Santiago, Jacobo, Rubén, Anxo, Rafa, Jose, Adrián, Elías e Damián. Tamén xogaron Diego, Isaac, David, Joel e Borja.

Goles: 1-0 David Grande (min. 20); 1-1 Adri (min. 44); 2-1 Borja Fuentes (min. 78).

 

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario