O equipo Senior do Moraña C.F. venceu esta tarde no Municipal de Mirallos ao C.D. Portas, equipo que militará este ano na Segunda Rexional.

Os do Chino, que non coñecen a derrota nesta pretempada, realizaron un partido moi completo, dando señales da mellora propia destas primeiras semanas de adestramento, a pesares de que nalgúns tramos as pernas pesaron polo traballo acumulado nas sesións preparatorias.

A vindeira semana, os morañeses viaxarán a Berres, para enfrentarse ao equipo local nun novo partido de preparación para ir perfilando o estreno ligueiro o 26 de Setembro.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. 2 – 1 C.D. PORTAS

Xogaron polo Moraña C.F.:  Caba, Xoel, Delacruz, MartÍn, Borja, Fuentes, Manuel, Lorenzo, Jacobo, Couto, Viti. Tamén xogaron Iaguito, Ruben, Borja, David, Damien, Suso, Breo, Julian e Javi.

Goles: Couto e Jesús

Compárteo!

Deixa un Comentario