• Derrota dolorosa ante un rival directo.

Momento chave para dar un golpe á Liga que non puido ser. Na tarde de hoxe, o Moraña recibía ao San Adrián, rival directo polos postos altos da táboa, polo que era un encontro chave. Os nosos sairon a por todas, pero un tempraneiro gol de Joaquín no minuto 12, condicionou o partido, ante un Moraña que non foi quen de batir a Jacobo en todo o encontro. Tras sete xornadas seguidas nas que os nosos viñan vendo porta, non foron quen de marcar, e San Adrián levou de Mirallos tres puntos que poden ser fundamentales neste último treito do Campionato.

Unha derrota dura e difícil, pero da que hai que sobrepoñerse canto antes, e comezar dende xa a preparar outro encontro importantísimo, o que se xogará ante A Lama en sete días. Clube, xogadores, afección… todos temos que ser un agora mesmo, e remar todos xuntos para seguir empuxando ao Moraña. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Edu, Iván Vidal, David Alexander, Ferro, Jevin, Andrés, Rober e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Yeray, Allan, Pereira e Borja Fuentes.

S.D.C. San Adrián: Jacobo, Bermejo, Juan, Pablo, Brais, Sergio, Rubén, Samu, Joaquín, Fran e Carlos. Tamén xogaron Boris, David, Sergio, Rubén e Guillermo.

Goles: 0-1 Joaquín (min. 12).

Compárteo!

Deixa un Comentario